You are hereOrientación na casa
Orientación na casa
Bo día! Nos próximos días, aproveitando este bo tempo, imos coñecer unha modalidade tan importante como é a orientación.
Para iso, ademais de ter vistos os vídeos da anterior entrada, propóñovos catro pasos:
1. Elaborade un mapa sinxelo da vosa casa, finca, piso ou calquer espazo onde queirades xogar (o mapa que se ve na imaxe está feito a ordenador con moitos detalles, o voso pode estar feito a boli ou lapis nun folio).
2. Establecede unha serie de puntos de control ou balizas a visitar. Podedes, ou ben poñer vós os puntos no mapa e plantexarlle a carreira a outra persoa, ou ben, pedirlle a outra persoa que coloque os puntos nese mapa e facer vós ese percorrido.
3. Empregade algún elemento para confirmar o paso polos puntos de control. Na foto podedes ver unhas "balizas caseiras", pero cun pequeno papel ou pegatina co número do punto de control pode ser suficiente.
4. A pensar e correr! Pedide que vos graven ou saquen fotos mentres realizades o percorrido e subide fotos dos vosos mapas.