You are hereArtigos / Educación Física / Artigos
Artigos
Materiais Educación Física
Boa tarde a todos e todas!
Quería darvos un aviso: estes días non tiredes materiais coma botellas, cartóns de leite, chapas e demais envases que vexades polas vosas casas.
O martes 14, sairemos de dúbidas e veremos para que os imos empregar!
Coidádevos moito!
Borja Varela
Mestre Educación Física
Xogos da corentena
Ola! O voso mestre de Educación Física rétavos durante os vindeiros días, pois ides ter tempo a darlle á cabeciña, e ao corpo!
Como vos gusta tanto xogar e, tamén, enxeñar, imos inventar unha morea de xogos para o noso cole e practicar xuntos á volta.
Pero non pensedes que iso é tan sinxelo…vexamos!
- • 1º: PENSA, INVENTA ou MODIFICA un xogo ou modalidade deportiva. Ah..! Fuxe dos xogos que xa existen ou xa sabemos, procuremos algo novo!
- • 2º: Recolle as NORMAS dalgunha forma ( escríbeas nun papel, nun documento, grávate dicíndoas, ilústraas).
- • 3º: Aporta algunha REPRESENTACIÓN GRÁFICA do xogo (fotografía, vídeo, debuxo...).
- • 4º: COMPARTE na aula virtual do cole o teu documento, video, foto etc.. premendo "aquí".
usuario: xogos
contrasinal: tradicionais
Podedes facer xogos tanto de interior como de exterior, aproveita todo o espazo e non deixes que estar no salón te limite..
Estaremos desexando practicar esas ideAZAS que terán o seu recoñecemento!
Coidádevos moito!
Borja.
Suxerencias para ver
Por desgraza, nas próximas semanas a nosa actividade física ou participación nos nosos equipos vaise ver limitada. Non vos preocupedes, aquí vai unha pequena solución!
Dende a materia de Educación Física, fágovos chegar unha serie de suxerencias para aproveitar nestes días nos que imos pasar tanto tempo nas nosas casas:
- Campeones
- Quiero ser como Beckham
- Titanes, hicieron historia
- Invictus
- Space Jam
- Billy Elliot
- Carros de fuego
- Coach Carter
- 100 metros
- Million Dollar Baby
- Everest
- The Dawn Wall (Documental)
- Informe Robinson: Iñaki Ochoa, una vida entregada a la montaña (Documental)
Espero que estas achegas sexan de proveito.