Artigos
Visita ao Congreso de Innovación na Formación Profesional 2019
Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do colexio, o venres 10 de maio, foron a Santiago para visitar e participar no Congreso de Fp Innova 2019.
Os obradoiros nos que participaron son os seguintes que se amosan no documento.
OBRADOIROS CREACTIVITY
A obra social “La Caixa” invitounos a participar nestesobradorios. Consistían nunespazo interactivo que fomenta o enxeño e a creatividade entre os escolares. Así, permitíalles investigar, formular retos concretos, pensar solucións, compartir, colaborar, improvisar,… Destamaneira, os alumnos/as traballaron competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico.
Nestaactividade participaron os alumnos/as de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º curso.
https://www.youtube.com/watch?v=YXwDXyymvLk
https://www.youtube.com/watch?v=SkoqI3LlHII
FIN DE CURSO
O último día de curso, o día 21, celebramos no colexio, o cambio de etapa dos alumnos/as de 5 anos e de 6º curso. Durante este acto recibiron a entrega de orlas e unha alumna de 6º curso, Rebeca, recibiu ademais unha mención honorífica polo bo traballo realizado.
Para esta despedida, os alumnos/as de 5 anos obsequiáronnos cun:
• Recitado dun poema de Manuel María, denominado “A fala”
• Coa intepretación de tres cancións, “O pingacho”, “Imos bailar” e “Soy una taza”. Nesta última, invitaron a todo o colexio a bailar.
Para a despedida de 6º curso, os alumnos/as interpretaron as cancións: “De ellos aprendí”, “La venda” e “El baile del gorila”. Nesta última canción, invitaron a todo o colexio a participar no baile e cantar.
Os nenos/as de 4º curso, agasallaron a estes grupos coa canción “Tenía tanto que darte”.
Ademais disto, proxectouse unha presentación na que os pequenos contaban a súa historia no centro e un vídeo que recorda todo o seu paso polo colexio.
Por último, neste día, tamén se fixo entrega das medallas das olimpiadas e do traballo das letras galegas.
Proxecto "Meu río R"
Dende a Confederación Hidrográfica do Miño- Sil e Educación fomos seleccionados para realizar un proxecto ambiental, denominado “ Me gusta mi río”.
Con esta actividade, buscan a sensibilidade ambiental dende a poboación máis xove, concienciando sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais.
Este proxecto comeza cunha charla informativa e catro saídas (dúas este ano e dúas para o próximo) O día 11 de marzo tivo lugar a charla informativa, na que falaron da necesidade dun río san, das especies invasoras e autóctonas que hai, de como funcionan as depuradoras, dos problemas e dificultades que se atopan os seres vivos no río, da contaminación e da escaseza de auga.
O día 1 de abril tivemos a primeira saída de campo. Dirixímonos ao río Comezo para levar a cabo diversas actividades de análise medioambiental.
A primeira actividade consistiu na simulación dunha depuradora de auga por procesos naturais.
Na segunda actividade puidemos analizar a contaminación da auga a través dunha estación físico- química.
Na terceira actividade fixemos un estudo da calidade da auga a través do estudo dos macroinvertebrados que habitan nela.
E na última actividade, o estudo enfocouse na biodiversidade pondo especial atención ás árbores, plantas e dos rastros e sinais de animais que habitan no entorno.
Entre medio, aproveitando o día soleado, fixemos un descanso para gozar dunha apetitosa merenda na natureza.
O día 3 de xuño, tivemos a segunda saída o río. Dirixímonos de novo, ao río Comezo. Alí levamos a cabo, as seguintes actividades:
Actividades da estación de auga: montaxe dunha depuradora, taller de elaboración de pegadas e unha proba do efecto invernadero que aumenta a temperatura do planeta.
Actividades de análise físico-químico: recordamos como se analizaba a auga do río e recoñecimos a auga dun río entre outros tipos de auga.
Actividades de análise de macroinvertebrados: emparellamos cada larva co seu adulto e capturamos insectos para observalos.
Actividades de biodiversidad: buscamos e identificamos con prismáticos animais e comentamos as características da fauna que atopamos.
AS PRIMEIRAS OLIMPIADAS DO COLEXIO
O xoves 20 de xuño, celebramos no colexio as primeiras olimpiadas. Estas consistían en 12 xogos, polos que tiñan que pasar os 12 equipos. Cada equipo do colexio estaba formado por alumnado de todas as idades.
Os xogos nos que participaron foron os seguintes:
1. O culómetro 7. Aros cooperativos
2. Zancudos 8. Limbo loco
3. Pesca cacho 9. Guillermo Tell
4. Transportín 10. Quidditch
5. O furacán 11. Caza furtiva
6. Telaraña 12. Meneito
Os grupos gañadores, que recibiron a súa medalla o día seguinte, foron:
• Naterceira posición, medalla de bronce, o grupo número 2
• Na segunda posición, medalla de prata, o grupo número 9
• Naprimeira posición, medalla de ouro, o grupo número 4
Por último dicir, que durante toda a xornada, disfrutamos dunha marabillosa convivencia entre os distintos alumnos/as do colexio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »