You are hereProxecto "Meu río R"
Proxecto "Meu río R"
Dende a Confederación Hidrográfica do Miño- Sil e Educación fomos seleccionados para realizar un proxecto ambiental, denominado “ Me gusta mi río”.
Con esta actividade, buscan a sensibilidade ambiental dende a poboación máis xove, concienciando sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais.
Este proxecto comeza cunha charla informativa e catro saídas (dúas este ano e dúas para o próximo) O día 11 de marzo tivo lugar a charla informativa, na que falaron da necesidade dun río san, das especies invasoras e autóctonas que hai, de como funcionan as depuradoras, dos problemas e dificultades que se atopan os seres vivos no río, da contaminación e da escaseza de auga.
O día 1 de abril tivemos a primeira saída de campo. Dirixímonos ao río Comezo para levar a cabo diversas actividades de análise medioambiental.
A primeira actividade consistiu na simulación dunha depuradora de auga por procesos naturais.
Na segunda actividade puidemos analizar a contaminación da auga a través dunha estación físico- química.
Na terceira actividade fixemos un estudo da calidade da auga a través do estudo dos macroinvertebrados que habitan nela.
E na última actividade, o estudo enfocouse na biodiversidade pondo especial atención ás árbores, plantas e dos rastros e sinais de animais que habitan no entorno.
Entre medio, aproveitando o día soleado, fixemos un descanso para gozar dunha apetitosa merenda na natureza.
O día 3 de xuño, tivemos a segunda saída o río. Dirixímonos de novo, ao río Comezo. Alí levamos a cabo, as seguintes actividades:
Actividades da estación de auga: montaxe dunha depuradora, taller de elaboración de pegadas e unha proba do efecto invernadero que aumenta a temperatura do planeta.
Actividades de análise físico-químico: recordamos como se analizaba a auga do río e recoñecimos a auga dun río entre outros tipos de auga.
Actividades de análise de macroinvertebrados: emparellamos cada larva co seu adulto e capturamos insectos para observalos.
Actividades de biodiversidad: buscamos e identificamos con prismáticos animais e comentamos as características da fauna que atopamos.