You are hereArtigos / A. C. E. / Artigos

Artigos


Buscamos un consumo responsable! sticky icon

A derradeira semana recibimos a visita das compañeiras da Escola Galega de Consumo. Elas amosáronnos os piares básicos dun consumo responsable que coide da nosa saúde e do medio ambiente que nos rodea. Pasamos unhas horas  divertidas e cheas de coñecementos. Moitas grazas!

 

Actividade de fomento da igualdade sticky icon

Esta semana recibimos unha visita moi especial. Os compañeiros e compañeiras do CIM organizáronnos un xogo de escapismo ben divertido. A temática: a igualdade. Os nosos cativos tiveron que facer uso do seu inxenio e de todos os seus coñecementos para poder resolver as diferentes probas que se non propuxeron. Canto nos entretivemos! Moitas grazas por esta actividade!

 

 

21 de marzo, Día da árbore sticky icon

O pasado luns festexamos no centro o Día da árbore. E para iso, que mellor que facelo plantando unha árbore? A nosa cativada púxose mans á obra e deixou unha pegada para o futuro. Colaboraron con nós  traballadores e traballadoras do Concello de Chantada para darnos consello nestes quefaceres. Moitas grazas!

 

Ademais recibimos unhos agasallos... noraboa ós gañadores!

Entroido 2022! sticky icon

Chegou o tempo de Entroido e con el os mandatos do meco, a confección de disfraces e o desfile.

Este ano tivemos dous eixos que guiaron esta celebración: a Biblioteca e o Camiño de Inverno.
Por unha banda, dende a nosa Biblioteca, a súa mascota SACRA foi a encargada de facer os mandatos do meco que, durante a semana, de luns a xoves, nos pediu que foramos engadindo elementos á nosa vestimenta que nos fixera irnos parecendo algo a ela.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O último día, venres 25 de febreiro, todo o alumnado se disfrazou de distintas culturas. Desfrutamos dunha chocolatada e despois o alumnado de Primaria marchou cara a alameda para facer un cacho do Camiño de Inverno que pasa por Chantada, chegando á Praza de Santa Ana.
 
 

Nadal 2021! sticky icon

Este ano tivemos un nadal moi especial familias! Aínda que non nos puidestes acompañar outro ano máis, no cole pasaron moitas cousas. Como estamos aprendendo moito sobre o Camiño de Santiago decidimos facer unha decoración novidosa: o portal de Belén convertiuse nunha peregrinaxe cara Santiago de Compostela polo Camiño de Inverno!

 

Aínda que con máscaras tamén nos visitaron os Reis...

 

Antes de marchar de vacacións gozamos dos espectáculos que fixeron cada curso para celebralo. 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar