You are hereFIN DE CURSO

FIN DE CURSO


By caloto - Posted on 25 Xuño 2019

O último día de curso, o día 21, celebramos no colexio, o cambio de etapa dos alumnos/as de 5 anos e de 6º curso. Durante este acto recibiron a entrega de orlas e unha alumna de 6º curso, Rebeca, recibiu ademais unha mención honorífica polo bo traballo realizado.
Para esta despedida, os alumnos/as de 5 anos obsequiáronnos cun:

•    Recitado dun poema de Manuel María, denominado “A fala”
•    Coa intepretación de tres cancións, “O pingacho”, “Imos bailar” e “Soy una taza”. Nesta última, invitaron a todo o colexio a bailar.

Para a despedida de 6º curso, os alumnos/as interpretaron as cancións: “De ellos aprendí”, “La venda” e “El baile del gorila”. Nesta última canción, invitaron a todo o colexio a participar no baile e cantar.

Os nenos/as de 4º curso, agasallaron a estes grupos coa canción “Tenía tanto que darte”.
Ademais disto, proxectouse unha presentación na que os pequenos contaban a súa historia no centro e un vídeo que recorda todo o seu paso polo colexio.
Por último, neste día, tamén se fixo entrega das medallas das olimpiadas e do traballo das letras galegas.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar