Skip to Content

NOVAS

Complementarias

ENTREGA PREMIOS DO IV CERTAME DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI

O pasado 30 de abril entregaronse os premios do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Por segundo ano consecutivo tivemos alumnado entre os 80 finalistas (20 por categoría). Neste caso foron Aida Quintairos Soliño, na categoría de 8 a 10 anos e Raquel Torres Martínez e Sona Ivanyan na categoría de 11 e 12 anos, escollidas entre case 8000 participantes.

Ademáis, Aida logrou o primeiro premio da súa categoría, polo que a xoia deseñada por ela foi fabricada por Piropo Xoias (Viveiro) para que lla poidera regalar á súa nai.

Todas as xoias finalistas, así como as ganadoras, podedes velas no seguinte enlace:

 

http://www.coxga.es/mostrar_noticia/165/entrega-premios-iv-certame-desena-unha-xoia-tua-nai/

 

Tamén na galería desta web


GOTAS PARA NÍXER

PROXECTO UNICEF: GOTAS PARA NÍXER

Durante estes días estivemos traballando a importancia de usar a auga axeitadamente, ademáis de ver cal é a situación de moitos nenos e nenas do mundo que non teñen a fortuna de contar con auga potable próxima e de calidade.

Por iso paraceunos importante participar na campaña educativa promovida por UNICEF chamada GOTAS PARA NÍXER. A situación deste país africano, un dos máis pobres do mundo no que 1 de cada 5 nenos e nenas non chega aos cinco anos de idade,  precisa da nosa atención e colaboración.

O noso centro cooperou nesta iniciativa organizando un evento, pensado para o 22 de Marzo día Mundial da Auga, que houbo que suspender debido ó mal tempo. Cós primeiros raios de sol o día 16 de Abril aproveitamos para levar a cabo unha carreira solidaria xunto con outras actividades para os máis cativos.

Ao finalizar, como “pago” ao esforzo realizado polos nenos, cada un colaborou cunha aportación económica que faremos chegar á Fundación UNICEF e que contribuirá a mellorar a situación deste país. Entre todos recaudaron unha cuantía de 500 euros. Grazas a todos pola vosa colaboración!!!.

Queredes ver que ben o pasamos ese día???? pois clicade no apartado de galerías e vídeos da web.


 

 

 

 

 

ENTREGA PREMIOS I CONCURSO COIDA OS TEUS MONTES

Membros da Comunidade de Montes de Santomé de Piñeiro viñeron ao colexio para realizar a entrega dos premios ao alumnado gañador do I Concurso "COIDA OS TEUS MONTES".

 

Os alumnos premiados foron:

Samuel Alonso Méndez 1ºA

(TERCEIRO PREMIO:100 Euros para a aula)

Iago Villanueva Pérez 1ºB

 (PREMIO ESPECIAL: un libro)

 

Antía Iglesias De la Torre 2ºB

(PREMIO ESPECIAL: un libro)

Distribuir contido


by Dr. Radut