Skip to Content

NOVAS

Complementarias

Plan Proxecta: Aliménta-T Ben

Outro ano máis, participamos no Plan Proxecta: Aliménta-T ben... e xa van algúns. Ademais de disfrutar dunhas saborosas froitas ao longo de catro semanas do curso, fixemos máis cousas. Aquí podedes ver so unha pequenííííísima parte delas. Non están todas, pero xa di o refrán "o bo, se breve, dúas veces bo"

 

FRANCISCO CASTRO NO CEIP CARBALLAL

Hoxe visitou ao alumnado do 3º ciclo o escritor e editor Francisco Castro, coautor con Fina Casalderrey do libro “O neno can”, que contén cinco relatos inspirados nos dereitos dos nenos e nenas e onde se reflicten cinco historias diferentes que relatan as dificultades de moitos deles en  distintos lugares do mundo para que estes dereitos sexan respectados. 


A pesares de ser historias duras, o alumnado de 5º e 6º disfrutou moito, tanto coa súa lectura, como coa visita dun dos seus autores, que lles falou das razón para escribilo, do proceso seguido, do por que do seu título, e de que lembrasen que son eles e elas os que poden cambiar o mundo para que as situacións que se describen no libro non sigan a ocorrer.

Este libro está a convertirse nun éxito, xa que ademáis de ir xa pola súa segunda edición en galego, pronto será publicado por una grande editorial en castelán e probablemente noutros idiomas.

Aproveitando esta visita, o autor tamén nos falou doutras obras súas, así como do se traballo como editor, do que dixo, por exemplo “páganme por facer o que máis me gusta no mundo: LER”

                  

Distribuir contido


by Dr. Radut