Skip to Content

NOVAS

FRANCISCO CASTRO NO CEIP CARBALLAL

Hoxe visitou ao alumnado do 3º ciclo o escritor e editor Francisco Castro, coautor con Fina Casalderrey do libro “O neno can”, que contén cinco relatos inspirados nos dereitos dos nenos e nenas e onde se reflicten cinco historias diferentes que relatan as dificultades de moitos deles en  distintos lugares do mundo para que estes dereitos sexan respectados. 


A pesares de ser historias duras, o alumnado de 5º e 6º disfrutou moito, tanto coa súa lectura, como coa visita dun dos seus autores, que lles falou das razón para escribilo, do proceso seguido, do por que do seu título, e de que lembrasen que son eles e elas os que poden cambiar o mundo para que as situacións que se describen no libro non sigan a ocorrer.

Este libro está a convertirse nun éxito, xa que ademáis de ir xa pola súa segunda edición en galego, pronto será publicado por una grande editorial en castelán e probablemente noutros idiomas.

Aproveitando esta visita, o autor tamén nos falou doutras obras súas, así como do se traballo como editor, do que dixo, por exemplo “páganme por facer o que máis me gusta no mundo: LER”

                  



page | by Dr. Radut