Skip to Content

NOVAS

Complementarias

SALÓN DO LIBRO

   Nesta edición 2012 do Salón do Libro, indágase nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. 
 
   O vindeiro mércores 7 de Marzo, os alumnos do Colexio Carballal, visitarán o Salón do Libro en Pontevedra para ver e disfrutar de todos os traballos entregados polos colexios participantes.
 
   Entre eles está o noso que leva por título "A Treboloca". É un xogo de oca onde o trebol desenrola un papel fundamental. Para que vos fagades unha idea máis axustada, mostramos a continuación unha serie de fotos deste xogo.
 
 

DESFILE DE ENTROIDO

Despois de toda a semana celebrando o Mandadiño, rematamos o entroido cun desfile de todos os/as nenos/as do colexio Carballal polo patio exterior do centro. O profesorado tamén animouse xa que a temática era libre. Isto provocou unha variedade de traxes, colorido, deseños... que se poden resumir nas seguintes fotos. Ata o ano que ven!!!!!

O MANDADIÑO EN PRIMARIA

Este año, na festividade do Entroido, celébrase o mandadiño onde cada día o alumnado xunto cos mestres disfrázanse cun elemento determinado, relacionado cunha temática concreta.
Para o luns podíase elexir algo que tivera que ver cos dálmatas (orellas, pelaxe, gorro, cola, etc).
O martes á temática proposta foi, calquera tipo de insecto (xoaniña, mosca, abella, etc).
Para o mércores podíase vir con algo relacionado cos coellos.
O xoves, o animal elexido foi o porco.
O resultado destes días en primaria foi o seguinte.
Distribuir contido


by Dr. Radut