Skip to Content

NOVAS

GOTAS PARA NÍXER

PROXECTO UNICEF: GOTAS PARA NÍXER

Durante estes días estivemos traballando a importancia de usar a auga axeitadamente, ademáis de ver cal é a situación de moitos nenos e nenas do mundo que non teñen a fortuna de contar con auga potable próxima e de calidade.

Por iso paraceunos importante participar na campaña educativa promovida por UNICEF chamada GOTAS PARA NÍXER. A situación deste país africano, un dos máis pobres do mundo no que 1 de cada 5 nenos e nenas non chega aos cinco anos de idade,  precisa da nosa atención e colaboración.

O noso centro cooperou nesta iniciativa organizando un evento, pensado para o 22 de Marzo día Mundial da Auga, que houbo que suspender debido ó mal tempo. Cós primeiros raios de sol o día 16 de Abril aproveitamos para levar a cabo unha carreira solidaria xunto con outras actividades para os máis cativos.

Ao finalizar, como “pago” ao esforzo realizado polos nenos, cada un colaborou cunha aportación económica que faremos chegar á Fundación UNICEF e que contribuirá a mellorar a situación deste país. Entre todos recaudaron unha cuantía de 500 euros. Grazas a todos pola vosa colaboración!!!.

Queredes ver que ben o pasamos ese día???? pois clicade no apartado de galerías e vídeos da web.


 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut