Skip to Content

NOVAS

Deportes

Atletismo

O pasado Venres 22 de abril, asistimos a unha xornada de Atletismo en Pista organizada polo Servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia. Así que nos desprazamos ata as pistas de atletismo da Escola Naval Militar de Marín.

Foi unha actividade onde nos reunimos con outros nenos e nenas de coles do concello de Marín, e a verdade(como poderedes ver no video que argallamos) é que a Competición foi o de MENOS e onde a DIVERSIÓN foi o que MÁIS !!

Foi moi divertido e pasámolo en grande!! Esperamos que desfrutedes do video !!

 
 
 
 

NOVAS TECNOLOXÍAS EN EF

Os alumnos de 1º ciclo están a traballar o esquema corporal nestes días. E que mellor que facelo que por medio das novas tecnoloxías? Para iso trasladámonos a sala de informática e estiveron a facer xogos relacionados con esta temática. Gustoulles moito!!!
 
 

ACROSPORT 2º CICLO

No 2º trimestre, os alumnos de 4º curso desenvolveron a unidade didáctica nº5 que leva por título "Torres Humanas".
A forza, equilibrio e flexibilidade eran contidos principais de traballo, que xunto coa novidade, cooperación, coeducación e traballo en equipo, fan deste deporte un elemento motivador para acadar as aprendizaxes significativas. Podedes ver a estes alumnos realizar as figuras e pirámides humanas nas seguintes fotos. 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut