Skip to Content

NOVAS

blogue deyeray

Faro da escola: Entrevista e Diana Nogueira e a Xosé Touriñán

Onte asistimos a unha xornada moi especial á sede de Afundación de Pontevedra. O Faro de Vigo, a través do programa do Faro da escola, convidou ao alumnado de 5º e 6º non só a asistir, senón que a participar nunha entrevista a Diana Nogueira e a Xosé Touriñán.

 

Resultou unha xornada incríble, de feito a tónica xeral de todos foi que resultou moi breve!!!

Deixámosvos un pequeno vídeo resumo do acontecido 

 

 

Aquí podedes acceder á nova na web do Faro de Vigo:

Faro de Vigo

Mulleres de Conto

O pasado venres 13 de abril, asistimos coma tódolos anos, a unha nova exposición do Salón do Libro de Pontevedra.

Como xa saberedes, nesta ocasión a temática do salón é: "MULLERES DE CONTO". Si, MULLERES DE CONTO e en maiúsculas, porque o CEIP do Carballal, o seu alumnado e o seu profesorado, entendemos que debe ser escrito en maiúsculas.

Tivemos a sorte de asistir a un taller coa escritora Eli Ríos, a cal nos axudou a abrir as nosas mentes e percatarnos de moitos pequenos detalles que non son tan pequenos. Quen nos ía dicir que unha píntega tivese tanta importancia, verdade?

Aquí deixamos unha foto do traballo que realizamos a partires do PDI da Biblioteca e que presentamos ao Salón do Libro.

 

 

Aquí podedes ver un breve resumo da visita! 

 

Recordade que podedes visitar o Salón do Libro ata o vindeiro 29 de abril, así que agardamos que vos dedes unha volta por el!!

O Volcán de Cores

Rubén Farto Matiño, Científico e Investigador do CEIP do Carballal, realizou un experimento moi colorido, unha explosión de cores!.

Tivemos un pequeno erro de cálculo nas medidas o que fixo que estes volcáns de cores, coma se de volcáns de lava se tratasen, expulsaron a súa cor inundando a nosa mesa de experimentos!!

 

Agardamos que vos guste!!

Distribuir contido


by Dr. Radut