Skip to Content

NOVAS

ENTREGA PREMIOS DO IV CERTAME DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI

O pasado 30 de abril entregaronse os premios do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Por segundo ano consecutivo tivemos alumnado entre os 80 finalistas (20 por categoría). Neste caso foron Aida Quintairos Soliño, na categoría de 8 a 10 anos e Raquel Torres Martínez e Sona Ivanyan na categoría de 11 e 12 anos, escollidas entre case 8000 participantes.

Ademáis, Aida logrou o primeiro premio da súa categoría, polo que a xoia deseñada por ela foi fabricada por Piropo Xoias (Viveiro) para que lla poidera regalar á súa nai.

Todas as xoias finalistas, así como as ganadoras, podedes velas no seguinte enlace:

 

http://www.coxga.es/mostrar_noticia/165/entrega-premios-iv-certame-desena-unha-xoia-tua-nai/

 

Tamén na galería desta web




page | by Dr. Radut