Skip to Content

NOVAS

Secretaría

Solicitudes de Admisión do Alumnado para o Curso 2019-2020

Achegamos o calendario para presentar as solicitudes de Admisión de Alumnado para o vindeiro curso 2019-2020

Para a presentación das solicitudes de admisión (do 1 ó 20 de marzo) requerirase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou do DNI do/a neno/a.
  • Se o/a alumno/a procede doutro centro, precísase un certificado de matrícula o cal deben solicitar na secretaría do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambolos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro no teléfono: 886 15 13 57

 

 

 

 

Xornada de Portas Abertas 2019

 

NOTA: para dar resposta ás solicitudes realizadas por varias familias, se están interesadas/os en coñecer o centro, non dubiden en poñerse en contacto no teléfono do centro: 886 15 13 57.

 

Como ven sendo tradición no CEIP do Carballal, informamos a TODA a COMUNIDADE ESCOLAR,que o vindeiro martes 5 de febreiro de 2019, ás 18:00h, realizaremos a xornada de portas abertas.

Trátase dunha xornada na que poderán coñecer o centro, as instalacións, os diferentes departamentos, a metodoloxía de traballo, os proxectos e programas nos que estamos inmersos, o profesorado que imparte docencia, así coma  consultar as dúbidas que teñan sobre o centro e o seu funcionamento.

 

 

 

Aberto o prazo de reserva de prazas para o curso 2019/2020

O día 1 de febreiro de 2019, iniciouse o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

No seguinte enlace teñen a información da web da Consellería:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

Poden descargar o formulario de reserva no enlace, no arquivo adxunto que se achega ou tamén o poden solicitar no centro.

O prazo para solitar a reserva de praza é do 1 de febreiro ó 15 de febreiro de 2019.

Esto supón que o alumnado procedente do noso centro adscrito, a EEI Nosa Señora do Carme de Marín, pode presentar a solicitude de reserva de praza neste periodo de tempo.

Implica tamén que o alumnado de 6º de EP pode solicitar a reserva de praza para o IES Mestre Landín, centro ao que estamos adscritos.

No casa de dúbidas, poden poñerse en contacto co centro para poder aclaralas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut