Skip to Content

NOVAS

Solicitudes de Admisión do Alumnado para o Curso 2019-2020

Achegamos o calendario para presentar as solicitudes de Admisión de Alumnado para o vindeiro curso 2019-2020

Para a presentación das solicitudes de admisión (do 1 ó 20 de marzo) requerirase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou do DNI do/a neno/a.
  • Se o/a alumno/a procede doutro centro, precísase un certificado de matrícula o cal deben solicitar na secretaría do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambolos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro no teléfono: 886 15 13 57

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut