Skip to Content

NOVAS

Xornada de Portas Abertas 2019

 

NOTA: para dar resposta ás solicitudes realizadas por varias familias, se están interesadas/os en coñecer o centro, non dubiden en poñerse en contacto no teléfono do centro: 886 15 13 57.

 

Como ven sendo tradición no CEIP do Carballal, informamos a TODA a COMUNIDADE ESCOLAR,que o vindeiro martes 5 de febreiro de 2019, ás 18:00h, realizaremos a xornada de portas abertas.

Trátase dunha xornada na que poderán coñecer o centro, as instalacións, os diferentes departamentos, a metodoloxía de traballo, os proxectos e programas nos que estamos inmersos, o profesorado que imparte docencia, así coma  consultar as dúbidas que teñan sobre o centro e o seu funcionamento.

 

 

 



blog | by Dr. Radut