Skip to Content

NOVAS

Secretaría

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO-LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Publícase o listado definitivo de alumnado admitido no fondo solidario de libros.

 

 

 

 

Instrucións Transporte escolar

Seguindo as instrucións recibidas para a xestión do transporte escolar, definimos os tipos de usuarios de transporte para a continuación, facer públicos os criterios que se aplicarán:

Usuarios lexítimos: todos/as aqueles/as que vivan na zona de escolarización do centro a máis de 2 km de distancia.

Usuarios excepcionais: todos/as aqueles/as que non cumpran a condición do punto 1º.

 

Neste eido, as instrucións recibidas diferenzan dentro dos usuarios excepcionais, do alumnado que pertence á zona de escolarización do centro do resto, quedando redactado do seguinte xeito:

A orde de prelación na concesión de autorizacións excepcionais no caso de insuficiencia de prazas no vehículo.

No caso de que o número de solicitantes excepcionais de prazas de transporte escolar excedan do número de prazas vacantes nos vehículos, seguirase aseguinte prelación:

Distribuir contido


by Dr. Radut