Skip to Content

Secretaría

FAMILIAS COLABORADORAS NO COMEDOR

Aquelas nais ou pais que desexen colaborar no comedor escolar no vindeiro curso 22/23 deberán entregar a seguinte documentación do 1 ao 8 de xullo en horario de secretaría (de 10 a 12):

Documentación colaboración comedor

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2022-2023

PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA DE COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO 2022-2023:

DO 1 DE XULLO AO 8 DE XULLO (AMBOS INCLUÍDOS)

Para formalizar a praza todo o alumnado usuario de comedor (Infantil e Primaria) ten que entregar a seguinte documentación en horario de secretaría de 10 a 12 horas.

Pinchade no enlace para descargar ou pedide unha copia no centro.

MODELO AUTODECLARACIÓN

Tedes no seguinte enlace as instrucións publicadas na páxina web da Xunta de Galicia:

INSTRUCIÓNS

IMPORTANTE: 

A renda neta per cápita familiar obterase comoresultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2021.

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto,a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

                                     casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

As aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar aparecen recollidas nas instrucións anteriores.

PUBLICACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Os prazos para o procedemento do fondo solidario de libros de texto e material escolar é o seguinte:

  • 1 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 4 E 5 DE XULLO: RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL.
  • 6 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 7 E 8 DE XULLO: ENTREGA DE VALES EN HORARIO DE 10.00 A 12.00.

MATRÍCULA ALUMNADO 3 ANOS (CURSO 2022-2023)

A matrícula para o alumnado que se incorpora o próximo curso 2022- 2023 en 3 anos (4º

de Educación Infantil) será a seguinte:

  • DATAS DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO
  • HORARIO DE PRESENTACIÓN DA MATRÍCULA:

                  Dos días 20 ao 22 de xuño: horario habitual de secretaría.

                  Dos días 23 ao 30 de xuño: horario de 10.00 a 12.00 

  • DOCUMENTOS A PRESENTAR:
  1. Impreso de formalización de matrícula.
  2. Autorización uso de imaxe e saídas.
  3. Formulario lingua materna.
  4. Dúas fotografías tamaño carnet.
  5. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  6. Fotocopia da cartilla de vacinas.
  7. Informe médico- sanitario.
  8. Fotocopia do libro de familia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut