Correlingua, denominación que desde 2001 adoptan as diversas carreiras a prol do idioma que se celebran por toda Galiza, cumpre 20 anos, efeméride que conmemora co lema Vinte coa lingua, celébrariase no mes de maio pero tivo que adiarse ao mes de novembro.
As excepcionais circuntancias que concorren neste ano 2020 obrigan adaptarse a elas e polo tanto, as celebracións realizaranse de maneira controlada nos distintos centros que este ano acollen o Correlingua e engádese a transmisión dixital destas actividades para que todos os centros que o queiran poidan asistir virtualmente a elas...
Esas actividades teñen como obxectivos "propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela", "sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua", "asociar o uso do idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades" e "contribuir a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis nova no cumprimento deste obxectivo"
Neste enlace podedes visionar as actividades que se celebran en varias cidades de Galicia.