Skip to Content

Actividades

A NOSA LINGUA. ALUMNADO DE 2º EP

O alumnado de 2º de Primaria vestiu de gala a nosa biblioteca para gravar un vídeo en homenaxe á nosa Lingua. Elixiron como escenario principal a biblioteca do Centro, por ser este un espazo máxico cheo de cultura e no que contamos con moitos recursos escritos en Lingua Galega.
"A nosa Lingua" é o título do seu traballo, unha adaptación da canción " A nosa verbena", de Ortiga e que, as mestras de 2º de EP, escribiron con gran ilusión!
Agardamos que vos guste!!!

A MASCOTA DA NOSA BIBLIO

Pinchade na imaxe para ampliar

Comezaron a chegar as vosas creacións á nosa biblioteca. Sodes uns e unhas artistas!

Agardamos que máis familias se animen a participar no RETO que vos propuxo a mascota da nosa biblioteca, o  Crocodilo Drilo, e que nos sigades sorprendendo coa vosa creatividade.

Moitísimas grazas!

 

UN RETO MOI ESPECIAL

(Pinchade na imaxe para ampliar)

A mascota da nosa biblioteca proponvos un reto moi especial. Animádesvos a ler a carta que vos envía para descubrir de que se trata?

Saúdos e FELICES FESTAS!

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe as mochilas viaxeiras emprenden rumbo cara novos fogares cargadiñas de maxia, historias fascinantes e moita ilusión para facer gozar a todos os nenos e nenas a través da lectura e do tempo en familia. 

Agardamos que as aproveitedes moito! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado día 24 de outubro conmemorouse o día das bibliotecas e, para celebralo, os nenos e nenas de segundo representaron, coa axuda do kamishibai, a historia “Coas mans baleiras” ao resto de alumnado do centro.
Foi unha xornada moi divertida!

Distribuir contido


by Dr. Radut