Skip to Content

Actividades

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS NO CEIP DE TEIXEIRO

 

Como xa sabedes, o 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. Como non podía ser doutro xeito, no CEIP de Teixeiro celebramos esta data creando un conto entre todo o cole.

Comezamos polo alumnado de 4º de educación infantil, que iniciou a historia e fomos pasando o conto ata que 6º de educación primaria rematou a historia e lle puxo o título ao conto.

Unha vez esta historia estivo rematada en cada a titoría leuse o conto ao alumando.

Despois de moito pensar e traballar nel saiu unha historia ben curiosa. Pasade a ver as aventuras de “SUPERBELLOTA E OS SEUS AMIGOS”

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO

Desde 1997 celébrase o 24 de outubro o Día das Bibliotecas.

"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia"

A nosa Biblioteca quérese sumar a este lema e  seguir ofertando servizos aínda que a realidade que nos toque vivir sexa moi complexa. Para isto sacamos a biblioteca dos límites do seu edificio e creamos unha serie de actividades que pronto poderedes ver a través da páxina web.

A primeira actividade é o prestamo de libros a nivel aula, e dicir, "Biblioteca de Aula" e posteriormente toda está semana realizamos unha actividade titulada "Libro Viaxeiro" adicado o "Día das Bibliotecas". Pronto o visualizaredes na páxina web.

 

 

COMO MEDRA A NOSA BIBLIOTECA!!

RECOMENDACIÓNS LECTURA COEDUCATIVA

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de Outubro)

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

“Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía” é o lema proposto para as bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019-2020. Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 

Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A Biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 

Por eso no noso centro as lecturas que se fixeron xiraron entorno a valores de convivencia:

  • Educación Infantil: "Un agasallo diferente"

 

  • Educación Primaria: entre outros moitos contos, "A aguia e a Paz", "o Tigre e a Tolerancia", "O coello e a Sinceridade", "O elefante e a Xenerosidade",...

Amosámosvos unhas fotos nosas na biblioteca, nas que saímos todos/as moi guapos/as.

Esperamos que vos gusten!!!!Ata a próxima!

Distribuir contido


by Dr. Radut