Skip to Content

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de Outubro)

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

“Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía” é o lema proposto para as bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019-2020. Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 

Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A Biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 

Por eso no noso centro as lecturas que se fixeron xiraron entorno a valores de convivencia:

  • Educación Infantil: "Un agasallo diferente"

 

  • Educación Primaria: entre outros moitos contos, "A aguia e a Paz", "o Tigre e a Tolerancia", "O coello e a Sinceridade", "O elefante e a Xenerosidade",...

Amosámosvos unhas fotos nosas na biblioteca, nas que saímos todos/as moi guapos/as.

Esperamos que vos gusten!!!!Ata a próxima!



album | by Dr. Radut