O próximo 1 de marzo comeza o proceso para solicitar a admisión para o alumnado que se incorpore novo ao centro o próximo curso 2022/2023.
A continuación vos presentamos toda a información:
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (do 1 ao 21 de marzo):
O impreso de solicitude debe presentarse no centro en horario de secretaría do 1 ao 21 de marzo.
A solicitude pode:
a) Descargarse no seguinte enlace: impreso solicitude.
b) Recollerse na secretaría do centro.
c) Cumplimentala na aplicación da páxina da Xunta e entregala no centro. O enlace da aplicación é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
d) Presentala por Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave 365.
Ademáis da solicitude debe entregarse unha fotocopia cotexada do libro de familia.
No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
As vacantes de cada curso están expostas no taboleiro de anuncios do interior do centro.
- PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO:
Antes do 25 de abril no taboleiro do interior do centro.
- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO:
Antes do 15 de maio no taboleiro do interior do centro.
- PRAZO DE MATRÍCULA:
Do 20 ao 30 de xuño. Informaremos na páxina web da documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula.
HORARIO DE SECRETARÍA:
LUNS: 11.10 a 12.00
MARTES:11.10 a 12.00 / 13.00 a 13.45
XOVES: 13.45 a 14.30
VENRES: 09.30 a 10.20
(O 1 e o 2 de marzo o centro permanecerá pechado por vacacións de Entroido)
Documentación relacionada:
- Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.
- Orde do 12 de marzo de 2013
- Orde do 25 de xaneiro de 2017.
- Orde do 18 de decembro de 2020.