Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022.

O próximo luns, 1 de marzo, abre o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar: 2021-2022. Rematará o 22 de marzo.

Ademais da instancia que poden socilitar no centro educativo ou descargar no documento adxunto, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.

No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Para solicitar a instancia ou entregala, deben solicitar cita previa no teléfono: 881880642, en horario de 09:30 a 14:30.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

Informamos ás familias que o procedemento de admisión varia respecto a anos anteriores. A data de reserva de praza será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ainda que de momento non temos documentación dispoñible, en canto teñamos máis información, colgarémola na web do centro.

(Fai clic)

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Alumnado destinatario:         

  1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou inferior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 

ALUMNADO EXENTO DE PRESENTAR SOLICITUDE

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021.

 

ORDE 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

 

 

DIA NON LECTIVO

O día martes 13 de Outubro non e lectivo. Un saudo

COMEZO DE CURSO 2020/2021

Informamos á comunidade educativa de que a incorporación do alumnado este curso será gradual, do seguinte xeito:

  • Xoves, 10 de Setembro
    • 4º e 5º de Educación Infantil.
    • 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

 

  • Venres, 11 de Setembro ademais do alumnado que se incorporou o xoves, acudirán:
    • 6º de Educación Infantil.
    • 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

FACER CLIC NAS IMAXES PARA DESCARGAR

 

 

 

 

Bo comezo de curso a tod@s

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut