Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022.

O próximo luns, 1 de marzo, abre o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar: 2021-2022. Rematará o 22 de marzo.

Ademais da instancia que poden socilitar no centro educativo ou descargar no documento adxunto, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.

No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Para solicitar a instancia ou entregala, deben solicitar cita previa no teléfono: 881880642, en horario de 09:30 a 14:30.



page | by Dr. Radut