Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

O próximo 1 de marzo comeza o proceso para solicitar a admisión para o alumnado que se incorpore novo ao centro o próximo curso 2022/2023. 

A continuación vos presentamos toda a información: 

- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (do 1 ao 21 de marzo): 

O impreso de solicitude debe presentarse no centro en horario de secretaría do 1 ao 21 de marzo.

A solicitude pode: 

a) Descargarse no seguinte enlace: impreso solicitude.

b) Recollerse na secretaría do centro.

c) Cumplimentala na aplicación da páxina da Xunta e entregala no centro. O enlace da aplicación é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

d) Presentala por Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave 365.

Ademáis da solicitude debe entregarse unha fotocopia cotexada do libro de familia. 

No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

As vacantes de cada curso están expostas no taboleiro de anuncios do interior do centro. 

 - PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO: 

 Antes do 25 de abril no taboleiro do interior do centro.

- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO:

Antes do 15 de maio no taboleiro do interior do centro.

- PRAZO DE MATRÍCULA: 

Do 20 ao 30 de xuño. Informaremos na páxina web da documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula. 

HORARIO DE SECRETARÍA: 

LUNS: 11.10 a 12.00

MARTES:11.10 a 12.00 / 13.00 a 13.45

XOVES: 13.45 a 14.30

VENRES: 09.30 a 10.20

(O 1 e o 2 de marzo o centro permanecerá pechado por vacacións de Entroido)

 Documentación relacionada: 

- Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

- Orde do 12 de marzo de 2013

- Orde do 25 de xaneiro de 2017.

- Orde do 18 de decembro de 2020.

 



page | by Dr. Radut