Skip to Content

NADAL 2022

 A comunidade educativa do CEIP de Teixeiro deséxanvos a tod@s un feliz Nadal!

25 N

Álbum: Curso 2022-2023 -> 25 N

Hoxe rematamos actividades sobre o 25 N e a eliminación da violencia contra a muller.Con estas actividades pretendemos abrir as portas da igualdade.

Xornada deportiva de campo a través con XOGADE

Onte gozamos dunha xornada deportiva na que compartimos risas, emoción e o noso esforzo con outr@s nen@s de diferentes centros da contorna. Dentro do programa XOGADE, levamos a cabo esta primeira xornada de campo a través. Para a próxima máis e mellor!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, e o centro sumouse a este día levando a cabo diferentes actividades.

Ademais se pinchades na seguinte imaxe podedes ver unha serie de curtas recomendadas dende o centro para poder traballar a diversidade cos nenos e nenas.

VISITA AO MUNCYT CORUÑA

O alumnado de Primaria visitou, nos últimos días, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía MUNCYT Coruña. Ademais realizamos un taller de cine que nos encantou. Visita moi recomendable!

Distribuir contido


by Dr. Radut