A continuación tedes o enlace con toda a información sobre o proceso de admisión para o alumnado para o próximo curso 2023-2024.
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Existe a posibilidade de presentar a solicitude de 3 formas diferentes. Lembrade que o proceso é o de admisión (MODELO ED550B). Se pinchades no enlace anterior tedes toda a información de cada unha delas:
1.Cubrir a solicitude informáticamente na páxina de admisión e presentala de xeito manual no centro.
2. Cubrir a solicitude informáticamente na páxina de admisión e asinala en Sede Electrónica.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro.
Podedes descargar a solicitude no seguinte enlace: SOLICITUDE ADMISIÓN (MODELO ED550B)
O PRAZO PARA PRESENTALA É DO 1 AO 20 DE MARZO EN HORARIO DE SECRETARÍA DO CENTRO (CONSULTAR APARTADO HORARIOS DO CENTRO NESTA WEB)
- Prazo de presentación de solicitudes: 1 ao 20 de marzo.
- Publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril (no taboleiro de anuncios do centro). A partir da data de publicación hai 5 días hábiles para reclamar esta listaxe.
- Publicación da listaxe definitiva de admitidos: 16 de maio.
- Prazo de matrícula: 20 ao 30 de xuño.