Skip to Content

XORNADA TENIS DE MESA

Hai unhas semanas alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria participamos nunha xornada de deporte escolar, tenis de mesa, en colaboración co programa XOGADE da Xunta de Galicia; o cal servirá para a clasificación na fase provincial que se xogará nos próximos meses. Ademais estreamos o logo da equipación que mercou o noso cole.

ESTAMOS DE ESTREA!

SAÍDA DIDÁCTICA A CORUÑA

Álbum: Curso 2022-2023 -> Saída didáctica

Despois do descanso de entroido, as rapazas e rapaces de 5º e 6º curso de Primaria visitamos o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón en A Coruña; visita guiada que nos soubo a pouco e que nos gustaría repetir. Despois fomos ver unha obra de teatro en inglés. Foi unha experiencia nova e moi entretida na que algúns compañeiros tiveron a oportunidade de colaborar como actores.

V CARREIRA POLA INFANCIA

 

(Pinchade na imaxe para ampliar) 

A NOSA BIBLIOTECA MEDRA

(Pinchar na imaxe para ampliar)

Aquí vos presentamos os novos títulos que o cole mercou para a nosa biblioteca. Agardamos que o alumnado goce das novas aventuras que nestes libros poderán atopar. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut