Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO

Admisión alumnado 23-24.

Publicada a listaxe provisional no taboeiro de anuncios do centro. Todas as solicitudes foron admitidas. Publicación da listaxe definitiva o 16 de maio. Lembrade que o período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Encontro deportivo "PONTE NO MEU LUGAR"

Hoxe o alumnado de 3º ciclo participou nun encontro de deporte adaptado con dinámicas de "ponte no meu lugar" que se celebrou no Estadio Deportivo do Campus de Elviña, A Coruña. Foi unha experiencia moi dinámica e gratificante na que os nen@s probaron diferentes tipos de deporte adaptado.

SAÍDA DIDÁCTICA 3º/4º E.P

Hoxe o alumnado de 3º e 4º de E.P fixo unha saída á Coruña para asistir ao concerto didáctico da orquestra sinfónica de Galicia "Walt e Diana". As nenas e nenos viaxaron ao mundo Disney a través das bandas sonoras de pelis coñecidas para tod@s.

8M

Actividades Día Internacional da Muller

Distribuir contido


by Dr. Radut