Skip to Content

FESTA FIN DE CURSO

Aquí vos presentamos o vídeo da nosa festa de fin de curso. O alumnado gozou dunha xornada na que se fixeron diferentes estacións de xogos e actividades ubicadas por todo o centro, actuacións musicais e merendola para todas e todos.

Foi unha mañá diferente e divertida para despedir este curso.

STEAM 6º EP

As rapazas e rapaces de 6º de EP descubriron que son as STEAM grazas a Iria, María e Luísa, mulleres científicas e tecnólogas. Elas traballan nunha empresa da nosa vila e, ademais, son familiares do alumando do noso centro. Trátase dun proxecto que quere espertar o interese dos máis nov@s sobre acienciae atecnoloxía, principalmente entre as rapazas. O principal obxectivo é amosarlles que, aínda que contamos con poucas referencias femininas nestes ámbitos, si é posible chegar a exercer profesións relacionadas coas STEAM. O alumnado visibilizou, durante seis sesións, referentes de mulleres STEAM, estudos en tecnoloxía, estereotipos existentes... Foi unha experiencia moi positiva.

ENTREGA AUTODECLARACIÓN COMEDOR E PAGO DO MES DE XUÑO

Todo o alumnado admitido no comedor para o vindeiro curso 24-25 debe entregar do 1 ao 12 de xullo en horario de secretaría (de 10.00 a 13.30) o impreso de autodeclaración no que se calcula o pago mensual.

Adxuntamos información para poder cubrir o impreso:

- Impreso autodeclaración.

- Normativa comedores curso 24-25.

 

  • PAGO PENDENTE DO MES DE XUÑO:

Para proceder ao pago pendente do mes de xuño deste curso podedes pasar por secretaría a recoller os impresos e traelos de volta co pago feito do 1 ao 12 de xullo cando entreguedes a autodeclaración.

 

SOLICITUDE NAIS/PAIS COLABORADORES DE COMEDOR

A partir do 1 de xullo queda aberto o proceso para solicitar colaboración no comedor escolar do centro para o vindeiro curso 2024-2025.

As datas de entrega son as seguintes: do 1 ao 12 de xullo e do 2 ao 6 de setembro.

Todas aquelas familias interesadas deben entregar en secretaría a seguinte documentación (consultar horario de atención):

- Solicitude colaboración.

- NIF ou NIE.

- Acreditación de non ter sido condenado sentencia firme por delitos sexuais.

- Certificación da conta bancaria.

Anuncio de apertura do prazo para colaborar no comedor: Anexo IV

 

HORARIO DE ATENCIÓN DE SECRETARÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut