Skip to Content

DÍA DO LIBRO

DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O pasado 2 de abril celebramos no cole o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo. Aquí vos deixamos un vídeo sobre diferentes actividades que o alumnado levou a cabo para resaltar a importancia de visibilizar e apoiar ás persoas con TEA. 

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS CURSO 24/25 (3 ANOS)

Publicada no taboleiro de secretaría do centro a listaxe provisional de admitidos para o curso 24/25 (3 anos).

Todo o alumnado de 3 anos que solicitou praza está admitido. 

O 15 de maio publicarase a listaxe definitiva de admitidos e a documentación que se debe presentar para a matrícula (do 20 ao 30 de xuño).

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

(Pinchade na imaxe para ampliar)

O crocodilo Drilo, a mascota da nosa biblioteca, ten preparada unha actividade para ti. Anímate a participar! Grazas!

Debido á boa acollida da actividade proposta, ampliamos ata a próxima semana a posiblidadade de seguir entregando as vosas fotos.

ADMISIÓN CURSO 24-25

Aclaracións para as familias que entregaron a solicitude de admisión para o vindeiro curso 24-25:

  • O 25 de abril colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de alumnado admitido.
  • O 15 de maio colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido.
  • O proceso de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Xa comunicaremos os documentos que hai que entregar neste proceso.
  • Finalmente non haberá que baremar polo que as familias do alumnado que entregaron a solicitude de admisión non debe facer ningún trámite máis ata o proceso de matrícula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut