Skip to Content

SAÍDA A "LUCUS AVENTUR"

O alumnado de 3º, 4º e 5º de EP gozou moito dunha xornada de aventura con actividades como a busca do tesouro ou as tirolinas. Non chegou o tempo a nada!

MATRÍCULA ALUMNADO 3 ANOS (4º EI)

O proceso de matrícula será do 20 ao 30 de xuño no seguinte horario:

20 e 21 de xuño: horario habitual de secretaría (consultar horarios de centro).

Do 25 ao 27 de xuño: de 12.00 a 14.00.

28 de xuño: de 12.00 a 13.00.

documentación que debe entregarse para formalizar a matrícula será a seguinte:

Formalización de matrícula. Anexo III-1.

Autorización de imaxe e saídas.

Cuestionario lingua materna.

- Certificado de empadroamento.

- Copia DNI.

- Informe médico.

- 2 fotos tamaño carné.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O mes pasado tivemos a sorte de contar coa visita no noso centro de Branca e Pablo, dous músicos que nos fixeron gozar coa música tradicional. Na nosa biblioteca cantamos, falamos e bailamos. Foi unha xornada moi divertida para o alumnado de EI, 1º e 2º de EP. Esperamos colaborar de novo con eles para continuar cantando en galego e traballando contidos musicais a través do movemento e a oralidade.

POLOS CREATIVOS

Co inicio deste curso académico comezamos o noso camiño na metodoloxía dos Polos Creativos. Investigamos, formámonos como docentes e logo trasladamos esas aprendizaxes ao noso alumnado. Aquí deixamos un resumo das actividades levadas a cabo dentro deste programa de innovación educativa. Esperamos que o desfrutedes.

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2024-2025

(PINCHADE NA IMAXE PARA AMPLIAR)

ENLACE PARA DESCARGAR A SOLICITUDE: SOLICITUDE COMEDOR

Distribuir contido


by Dr. Radut