Somos un colexio público de Educación Infantil e Primaria, no que se escolarizan nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Na actualidade temos 6 unidades de Infantil e 18 de Primaria.
Os nosos sinais de indentidade son:
- Fomento da lectura como fonte de documentación e por pracer.
- Potenciación dos valores de solidariedade, democracia e coeducación.
- Respecto á diferencia como valor enriquecedor e non motivo de discriminación.
- Apertura a tódolos sectores da comunidade educativa no convencemento de que a colaboración é o mellor medio de incrementar a calidade.
- Respecto pola Natureza e o Medio Ambiente.
- Promoción e introducción das novas tecnoloxías na tarefa diaria das aulas.
- Atención á expresividade plástica fomentando a creatividade.