Comedor

COMEDOR DE TARRÍO

Aquí poderedes consultar o menú de cada mes. Este menú será o mesmo para todos os comensais que fan uso do servizo, sexa alumnado ou persoal do centro.
As únicas excepcións son aqueles alumnos adscritos ao programa de alerta escolar e que teñen acreditada médicamente a súa situación (celíacos, alerxias…) Nestes casos adaptamos a confección da comida e algún ingrediente, en coordinación coas familias.
En casos excepcionais e puntuais, como podería ser unha gastroenterite ou similar, os pais terán as seguintes opcións:

  • Eliminación dun plato dos do menú, previa xustificación escrita á encargada do comedor e sempre que quede garantida a suficiente alimentación do neno.
  • Aportar os alimentos alternativos ao menú que consideren oportuno. A estes efectos o centro porá a disposición tanto un frigorífico como un microondas.
  • Levalo á comer á casa, previa comunicación á titor/a.

Esperando que esta información resulte do voso interés, recibide un saúdo co desexo de que todos teñamos un bo curso.

 

 MENÚS MENSUAIS
 

 
     
     
     
 
  ALÉRXENOS
PREMENDO NESTA LIGAZÓN PODEDES ACCEDER Á EXPLICACIÓN DOS SÍMBOLOS DOS ALÉRXENOS QUE APARECEN NOS MENÚS MENSUAIS

Distribuir contido