O Sábado día 2 de xuño participamos na clausura de Voz Natura cunha exposición dos traballos realizados ao longo deste curso.
Na seguinte presentación amosamos o grande traballo realizado pola Aula de Medio Ambiente ao longo destes anos.
Grazas a tod@s polo grande traballo realizado.
Hoxe celebraromos a día da árbore plantando cinco árbores.
Os alumnos de 4º e 3º plantaron un nespereiero.
Os rapaces e rapazas de 1º Ciclo plantaron un plataneiro.
Tamén o noso consexe Pepe e asúa dona Maruja plantaron un loureiro no ano que deixan o Colexio.
O venres día 16 de abril, ás 13,30 horas, tivo lugar a innaguración da exposición "Os nosos paxaros" na biblioteca do centro.
Dita exposición permanecerá aberta dende o día 16 ata o 28 de abril.
Para a súa montaxe contamos coa inestimable colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural, o ilustrador Carlos R. Silvar, o ornitólogo Antonio Sandoval e Baía Edicións.
|
|
|
Durante a semana anterior realizamos diferentes actividades relacionadas coas árbores: características, beneficios, o seu coidado, ...
Finalmente o día 22 de marzo cada ciclo levou a cabo a plantación dunha planta:
Como remate final do acto plantamos unha oliveira en recordo do noso compañeiro Alberto.
|