.

Somos un colexio público de Educación Infantil e Primaria, no que se escolarizan nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Na actualidade temos 6 unidades de Infantil e 18 de Primaria.

Os nosos sinais de indentidade son: 

  • Fomento da lectura como fonte de documentación e por pracer.
  • Potenciación dos valores de solidariedade, democracia e coeducación.
  • Respecto á diferencia como valor enriquecedor e non motivo de discriminación. 
  • Apertura a tódolos sectores da comunidade educativa no convencemento de que a colaboración é o mellor medio de incrementar a calidade.
  • Respecto pola Natureza e o Medio Ambiente.
  • Promoción e introducción das novas tecnoloxías na tarefa diaria das aulas.
  • Atención á expresividade plástica fomentando a creatividade.