Skip to Content

Proxecto PDI

Como xa sabedes, este ano estivemos traballando sobre o Universo e en 5° e 6° fixemos as nosas investigacións sobre o Sistema Solar. Primeiro investigamos sobre cada planeta e cubrimos unha ficha cos datos de cada un para logo gravar a información en audio. Unha vez que nos familiarizamos con cada planeta, pasamos a facer a maqueta con globos, papel, cola e témperas e con arxila fixemos estrelas para decorar. Este foi o resultado final! 

Pinchando na imaxe poderedes escoitar o podcast. 

 

Traballamos os anuncios

Para complementar o traballo das máquinas, en Lengua creamos estes anuncios sobre os nosos proxectos. Quizáis algún día os fabriquen de verdade! 

Creando máquinas

 Aproveitando os Legos de Polos Creativos, por grupos, deseñamos estas máquinas compostas dende a área de Ciencias da Natureza. 

Antes de montar cada máquina, e partindo dunha máquina simple, tivemos que pensar o deseño, o nome e as súas funcións e características. Despois, cos legos, fixemos o montaxe da máquina e o resultado foi este. 

 

COOPERANDO

Onte 6 de xuño, axudamos ao profe Abraham a pór cada vez mais bonito o recreo de Infantil.

FACEMOS VELA

Hoxe o alumnado de 3º e 4º desprazáronse ata Sanxenxo para levar a cabo unha xornada de vela. Disfrutárono moito, podedes ver unha mostra na seguinte foto e uns vídeos no archivo adxunto:

 

VISITAMOS O IES RAMÓN CABANILLAS

O alumnado de 6º curso marcha este ano do cole e hoxe foron a participar na xornada de acollemento que dende o instituto prepararon para o alumnado que se inicia o próximo curso. ¡Volveron encantados!

Distribuir contido


by Dr. Radut