Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

CARREIRA ESCOLAR "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

Un ano máis, e xa van 4, o CEIP de Corvillón e toda a súa comunidade educativa vai colaborar coa ONG Save the children organizando unha carreira solidaria para recadar fondos en prol da loita contra a fame e a desnutrición infantil en países como Níxer, Mauritania e Mali.

A carreira será o próximo 24 de novembro, coincidindo coa semana na que se conmemora o Día mundial da infancia.

CHEGA Á META ANTES CÁ FAME. PARTICIPA!!


SAÍDA A ONS

O venres o alumnado de infantil, 1º e 2º pasamos o día na Illa de Ons. Aquí podedes ver algunha foto do día:

FACEMOS VELA

Hoxe o alumnado de 3º e 4º desprazáronse ata Sanxenxo para levar a cabo unha xornada de vela. Disfrutárono moito, podedes ver unha mostra na seguinte foto e uns vídeos no archivo adxunto:

 

VISITAMOS O IES RAMÓN CABANILLAS

O alumnado de 6º curso marcha este ano do cole e hoxe foron a participar na xornada de acollemento que dende o instituto prepararon para o alumnado que se inicia o próximo curso. ¡Volveron encantados!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º E 6º

O alumnado de 5º e 6º foron hoxe á Illa de Arousa de excursión de fin de curso. Alí fixeron xogos populares, montaron en Kayak e realizaron unha ruta polo entorno natural da illa. Aquí deixamos unha mostra dalgún dos momentos do día e pinchando na imaxe, podedes acceder ao álbum de fotos. 

CHARLA DIVERSX

Hoxe tivemos a visita de Robe, que nos deu unha charla sobre diversidade afectivo sexual e de xénero ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut