Skip to Content

6º Curso

Poemas de Rosalía de Castro

Novo programa en Ondas de Corvillón, desta vez, un recitado de poemas de Rosalía de Castro que gravamos o pasado mes de febreiro con motivo da súa conmemoración. Esperemos que vos guste! Pincha na imaxe para escoitarnos. 

                      

PDI Corvinatureza

Pinchade na imaxe para ver os vídeos que fixemos sobre os coidados que debemos ter cos nosos cans e gatos. 

                     

Proxecto PDI

Como xa sabedes, este ano estivemos traballando sobre o Universo e en 5° e 6° fixemos as nosas investigacións sobre o Sistema Solar. Primeiro investigamos sobre cada planeta e cubrimos unha ficha cos datos de cada un para logo gravar a información en audio. Unha vez que nos familiarizamos con cada planeta, pasamos a facer a maqueta con globos, papel, cola e témperas e con arxila fixemos estrelas para decorar. Este foi o resultado final! 

Pinchando na imaxe poderedes escoitar o podcast. 

 

IMOS DE VIAXE

Nesta ocasión o alumnado de 6º realizou un percorrido por algunha das cidades europeas máis importantes. Ademais de buscar información para realizar unha guía turística de cada lugar, crearon un novo podcast da Corviradio. Animádevos a escoitalo: 

RECORDAMOS A NOSA HISTORIA

Para recordar os feitos máis relevantes da nosa historia, o alumnado de 6º creou unha liña do tempo, onde investigou os acontecemento, personaxes e monumentos máis importantes de cada unha das etapas da prehistoria e da historia. 

Despois presentáronllo aos seus compañeiros e compañeiras. 

INVENTAMOS CON LEGOS

Dentro do proxecto de Polos Creativos, as nenas e nenos de 6º, estiveron usando os legos para reproducir en miniatura os seus inventos de máquinas. Os resultados foron inmellorables:

Distribuir contido


by Dr. Radut