No mes de xuño tivemos a agradable visita dunha voluntaria responsable do refuxio de animais de Cambados, acompañada por tres dous seus moradores. Un gato, unha cadela e un can, que enseguida se gañaron o corazón de alumnado e profesorado.
Explicáronnos a súa hisoria, do refuxio e das mascotas acompañantes, e faláronnos da importancia de tratar correctamente os animais como seres vivos que son, con sentimentos, penas e alegrías.
Tamén nos explicacon a responsabilidade que implica ter un animal de compañía. Non é un xoguete, e un membro máis da familia.
A comunidade escolar agradeceu a visita colaborando con alimentos e material de limpeza para o refuxio de animais.
Álbum: Curso 2020/21 -> Protectora