Estimadas familias,
Tal e como establece o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022, o prazo para poder realizar a admisión de alumnado para o curso 2024-2025 será do 1 ao 20 de marzo.
Poden presentar a solicitude de admisión electronicamente, a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou fisicamente, para o que poderán, descargar o formulario en dita páxina ou adxunto nesta publicación ou vir polo centro a recollelo en papel.
Para poder realizar a admisión deberase presentar:
- O formulario ED550B e o anexo II-bis
- Fotocopia do libro de familia
- DNI (só en caso de que non se autorice a súa consulta).
- No caso de que se dea algunha das seguintes situacións deberán presentar tamén os certificados pertinentes:
- En caso de divorcio: sentencia reguladora de separación ou divorcio.
- En caso de familia monoparental: certificado de familia monoparental.
- En caso de situación de vítimas de violencia de xénero: acreditación da condición de vítima de violencia de xénero.
- En caso de acollemento: resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
- Certificado de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS
DATAS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
|
Prazo de presentación de solicitudes de admisión
|
01 ao 20 de marzo
|
Presentación de documentación (no caso de baremar)
|
Días hábiles entre o 21 de marzo e o 11 de abril.
|
Publicación dos listados provisionais de alumnado admitido e non admitido
|
25 de abril
|
Prazo de reclamación das listas provisionais
|
5 días hábiles dende a publicación das listas provisionais
|
Publicación listas definitivas admitidos e non admitidos
|
15 de maio
|
Formalizar matrícula
|
Do 20 ao 30 de xuño
|