Skip to Content

Proxecto Documental

Mural de China

Os mais pequeniños e pequeniñas do cole comezaron a preparar a súa actuación sorpresa para fin de curso. Para tal fin prepararon un decorado moi especial.

Mural mapa mundi

Seguimos co noso proxecto e esta vez creando un mural colaborativo onde os nenos e nenas dos diferentes cursos iremos decorando e enchendo de vida os diferentes lugares do mundo. 

Palillos chineses

Aproveitando o traballo sobre a viaxe do rato a China os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria aprenderon a usar os palillos chineses degustando gusanitos e cuns grandes profesores Noé e Iván que son expertos nesta destreza tan complicada.

 

PROXECTO DOCUMENTAL DO CURSO 2023/2024

O Proxecto Documental que imos a desenvolver ao longo deste curso 2023/2024 leva por título:

O RATO CORNIDE POLO MUNDO

ESCAPE GAME CORNIDE

EduCANdo con Malibú

Hoxe recibimos a visita no colexio de Malibú, una cadeliña que ven da Casa Grande de Xanceda onde foi adoptada porque a atoparon abandonada.

Malibú veu a explicarnos a súa experiencia para evitar que esos abandonos se produzan e que non lle pase a ningún animal máis o que lle pasou a ela.

 

           

Ao final, Malibú entregounos uns diplomas

     

 

TERAPIA CON CABALOS

Hoxe viñeron a explicarnos a labor que fan en Equinosens e as súas terapias con cabalos. Tamén nos falaron sobre os coidados que deben ter estes animais.


Pero Laura non veu soa, como non podía ser doutro xeito, trouxo un animaliño

   

 

   

 

 

UN CAN GUÍA NO CORNIDE

O 24 de abril recibimos a visita da ONCE no noso colexio, viñeron Corina Maña e o seu can guía Peny.

Corina é unha persoa invidente, protagonista do programa "Coa luz do corazón" da TVG ademais de profesora de Braille. Aquí podemos vela conducindo un coche.

Desfrutamos un montón coas súas historias e o seu humor para contarnos situacións da súa vida diaria. Tamén estivemos encantados coa cadelina Peny que nos axudou a coñecer a labor tan importante que fan estos cans.

Cuns antifaces de ocultación da visión puidemos facernos unha idea do complicada que pode resultar a vida para unha persoa invidente, tamén probamos a empregar o bastón e a ler algún conto en Braille.

 

 

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA A PROTECTORA GATOCAN

Como parte do Proxecto deste curso, toda a Comunidade Educativa colaborou na recollida de alimentos para cans e gatos para a protectora de animais GATOCAN.

 

 

 

UN VETERINARIO NO COLEXIO

Hoxe no Cornide recibimos a visita de Pablo Teijeiro, o veterinario.

Explicounos un montón de cousas sobre o seu traballo cos animais tanto como veterinario nunha clínica coma nun zoo.

 

Pero Pablo non veu só!!!!!! Mirade que animais nos visitaron no colexio

Ata unha serpe!!!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut