Datos identificativos
Nome/ Código: C.E.I.P. José Cornide Saavedra - 15023375
Enderezo: Avda. Sardiñeira, 42 CP. 15008 – A Coruña
Teléfono/ Fax: 981 24 87 96
Creación: Modificación antigo Colexio EXB, construído no ano 1982
Nº unidades. 5
Correo electrónico: ceip.cornide.saavedra@edu.xunta.gal
Blogue: Pasapáxina: https://anosabiblio.blogspot.com/
Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcornidesaavedra/
Situación e contorno
O C. E. I. P. José Cornide Saavedra é un colexio público situado na Avenida da Sardiñeira, no barrio dos Mallos, na cidade da Coruña.
É un centro singular, pois está nun contorno urbano escolarizando oitenta e cinco alumnos/as desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, pero só ten cinco unidades, todas elas mixtas.
Ocupamos un edificio que foi construído como pavillón de infantil e ten seis aulas das que cinco funcionan como tales, sendo a sexta a biblioteca escolar (este colexio ten un proxecto de Biblioteca escolar desde o ano 2004 e participa no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares desde a súa primeira convocatoria).
Esta situación condiciona a dinámica do centro, en aspectos negativos como a precariedade de espazos ou o raquítico do catálogo de profesorado, máis tamén incide directamente nun proxecto educativo que ten como eixo fundamental as relacións entre o alumnado, as actuacións conxuntas de todos, a implicación duns alumnos/as nas actividades doutros e, en definitiva coida e estimula as relacións humanas dentro do conxunto da comunidade escolar, na que por suposto tamén incluímos ás familias.