Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Estimadas familias:

Adxuntamos convocatoria de reunión ordinaria da ANPA.

Despois de confirmar coa escola e vendo a situación actual, finalmente optamos por facer reunión presencial no patio cuberto do colexio.

É imprescindible que tódolos asistentes vaian con MASCARILLA. Na zona de acceso facilitarase xel hidroalcólico.

Tanto a entrada como a saída ao Colexio farase polo portalón grande.

Respecto do punto primeiro da orde do día, aqueles que queiran ter unha copia das contas a aprobar pode pedila por whatsapp ou correo electrónico.

Esperamos que poidades asistir á reunión todos os posibles para poder tratar e tomar decisións contando coa participación do maior número de socios posibles.

Pinchando aquí, tedes a convocatoria da reunión.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2020-2021

O Concello de A Coruña, abriu a Convocatoria para a solicitude de bolsas para comedores escolares de alumnado, que acuda a centros educativos sostidos, total ou parcialmente, con fondos públicos. Pulsando na imaxe tedes toda a información.

Para resolver dúbidas, pódese chamar ao 010.

Para solicitar o certificado de matrícula no colexio, é preciso chamar antes.

TROFEO MIGUELITO DE IUDO

Este curso tamén se vai a celebrar o TROFEO MIGUELITO, aínda que con certas peculiaridades motivadas polas condicións que se están a vivir.

 

Este ano, o formato será "online", e a Federación Galega de Judo irá publicando contido nas súas redes sociais (facebook, Instagram, Twitter) para que os rapaces judokas poidan ir "preparándose" na casa  con titoriais de vídeo e contidos educativos (coma plantillas para colorear). Con todo isto, o día 31 de maio habilitarán un horario para conectar e poder participar no trofeo.

Os que participen, serán de seguro recompensados no comezo do próximo curso con algunha estrela que lles axudará a avanzar no cinto.

Para poder acceder, os que teñan usuario en redes sociais simplemente pódeno facer en "galiciajudo".

En todo caso, habilitaron un canal de difusión a través de "Telegram" no que poderedes ver toda a información e onde tamén irán colgando os titoriais e os contidos educativos. Se queredes utilizar esta opción, o máis fácil é descargar a aplicación de Telegram e buscar o canal:  https://t.me/edukajudo_cornide

Distribuir contido


by Dr. Radut