O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de Ecopercusión organizado polo Servizo Municipal de Educación do Concello de A Coruña.
Primeiramente coñeceron materiais reciclados que podían ser reconvertidos en instrumentos musicais. Despois montaron unha banda para crear unha poliritmia usando patróns rítmicos de xéneros Afrocaribeños, desenvolvendo a coordinación, lateralidade, traballo en grupo e liderado. Remataron facendo unha exhibición para todo o colexio.
Neste blog tendes unha clasificación por cursos onde podedes aprender cancións, bailes, construír instrumentos, escoitar música e ver como os vosos compañeiros de Arteixo usan a música como un xogo máis.
Agardo que o desfrutedes, e a ver se vedes a alguén coñecido.
Na casa seguro que tedes tubos, botellas, latas e un montón de recipientes que podedes usar como frautas. Eres quen de facer soar un vaso ou unha botella?
Neste blogue de Facebook Abraham subirá de vez en cando experimentos musicais fáciles de facer na casa. Animádevos a probar!
Aquí vos deixo outra suxestión para airear os miolos entre exercicio e exercicio. Unha miniserie feita para vós, que empezou canda a corentena. Sube aquí é unha creación de "La Chica Charcos" que subirá un capítulo cada semana.
Nestes episodios tedes algo de música, literatura, humor, e moitas outros sketches para que aprendades mentres vos divertides.
Aquí vos deixo o video de Abraham Cupeiro, profesor no Conservatorio de Música da Coruña, que nos di como facer na casa un oboe cunha palliña e unhas tesoiras.