Skip to Content

TITORÍAS VIRTUAIS

Bo día a todas as familias!

Espero que sigades estando todos ben e que o levedes o mellor posible dadas as circunstancias.

Levamos xa moito tempo sen ver aos nosos alumnos e alumnos, polo que decidimos propoñervos unha reunión virtual para poder falar e pasar uns bos momentos con eles. Pero sobre todo, para que o alumnado poida verse e estar xuntos de novo por un momento, aínda que sexa na distancia.

INSTRUCIÓNS PARA ACCEDER Á REUNIÓN:

Utilizaremos a aplicación WEBEX, proposta pola Consellería de Educación.

1. Recibiredes un correo electrónico co nome de Patricia ao email que lle destes aos titores (se alguén non ten contacto cos titores polo correo, por favor enviádeme a min o voso correo)

2. Nese correo irá toda a información que necesitades:

            a. A URL da reunión.

            b. Un número de reunión que teredes que introducir.

            c. Un contrasinal para acceder á reunión.

Aconséllovos ver este vídeo para acceder sen ter que instalar ningunha aplicación:

https://www.youtube.com/watch?v=sP-mgFQk7kk&feature=emb_logo

 

3. Unha vez esteades conectados xa poderedes ver ao resto de participantes.

4. Eu serei a moderadora. É importante que se respecten os turnos na medida do posible. Vai ser un pouco caótico pero ao mesmo tempo divertido. Eso esperamos!

5. AVISO IMPORTANTE: Temos que ter paciencia coas conexións xa que ás veces van lentas ou desconéctanse pero imos intentalo.

 

Día e hora da reunión: Xoves 23 de abril

                                    ás 18:00 para os de Infantil (clase María)

                                    ás 18:30 para os de Infantil (clase Rafa)

                                    ás 19:00 para os de 1º e 2º

                                    ás 19:30 para os de 3º e 4º

                                    ás 20:00 para os de 5º e 6º

Cada reunión terá o seu código. Se necesitades calquera aclaración, non dubidedes en preguntar

Benvidos e benvidas

á páxina Web do Colexio Público José Cornide Saavedra!

 

 Instrucións en relación coa COVID19

  • Suspensión das actividades lectivas e extraescolares a partir do luns 16 de marzo.
  • O profesorado facilitará propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios. Estas actividades estarán dispoñibles nesta páxina web.
  • A comunicación co centro e o profesorado realizarase a través do correo electrónico e o Whatsapp como ata o de agora pero intentarase empezar a empregar a plataforma abalar.
  • O centro comunicarase coas familias, a partir de agora, a través do servizo abalarmóbil e desta páxina web.

 

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O ALUMNADO

(Pincha na imaxe correspondente)

1º EP 2º EP 3º EP 4º EP 5º EP   6º EP

numero-imagen-animada-0195      numero-imagen-animada-0196  numero-imagen-animada-0197    numero-imagen-animada-0198        numero-imagen-animada-0199         numero-imagen-animada-0200

 

 

4º/5º EI   5º/6º EI  PT/AL  INGLÉS   MÚSICA   EF      RELIXIÓN

         abeja-imagen-animada-0067                   prehistoria-imagen-animada-0018                                    nino-y-nina-imagen-animada-0101        

                                                                            

Distribuir contido


by Dr. Radut