Skip to Content

CIENCIAS SOCIAIS: AS ORIXES DA TERRA

Para os que rematastes a tarefa da materia de SOCIAIS propóñovos unha viaxe ás orixes do noso planeta. Xa vimos que o universo que coñecemos comezou cunha explosión chamada "big bang". Hai uns 15.000 millóns de anos que sucedeu, e aproximadamente 10.000 millóns de anos despois comezaron a formarse os planetas arredor da nosa estrela, o sol.

Neste documental "Origen de la tierra" (National Geographic)  tedes unha historia natural do noso planeta, cunhas imaxes de moi boa calidade que tratan de simular como sería ese planeta desde o seu nacemento.

https://www.youtube.com/watch?v=_Loq6OnPWWU

A miña proposta é a seguinte: Dividiremos o documental en 4 capítulos de 20 minutos aproximadamente. Cada día de Ciencias Sociais (luns e xoves) veremos un capítulo, e faredes (na libreta ou en formato word) un resumo dese capítulo (100 pp e en galego), acompañado dun debuxo ou imaxe daquelo que vos pareceu máis importante de cada capítulo. Cando rematedes o documental, podedes enviarme o traballo completo, ao meu correo electrónico, incluíndo no encabezamento do correo o voso nome e o título: "As orixes da terra".

Saúde!



blog | by Dr. Radut