GINGA!!!
Que non sabedes o que é? Pois non vos preocupedes, os nenos e nenas do Cornide si!
A asociación galega de Capoeira acudiu ao centro nas sesións de EF para ensinarlles unha chea de cousas relacionadas con este deporte tan interesante e atractivo de ver: a Capoeira. Mostraron os instrumentos, aprendemos o seu nome así coma o dos pasos básicos e a súa execución; cantamos e mesmo houbo tempo de batallas! Sempre buscando o respecto e o coidado do compañeiro.
Anexo | Tamaño |
---|---|
20230313_122625.jpg | 2.88 MB |
20230313_122834.jpg | 2.09 MB |
20230313_122846.jpg | 2.15 MB |